Friday 29 de March de 2024

O Local Social do Museo do Moucho acolle una festa de Nadal para os maiores do municipio tras a súa rehablitación


O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, acudiu esta tarde a un acto de Nadal dirixido aos maiores do municipio nun dun dos “edificios máis senlleiros do noso municipio, que acolle no seu seo actividade municipal para pequenos e maiores”.

O acto, que contou cunha chocolatada de Nadal amenizada con música, vén despois do remate das obras de rehabilitación enerxética do Museo do Moucho, que contaron cun orzamento de 165.224, 74 euros.

O alcalde sinalou as obras no edificio municipal melloraron “substancialmente o espazo no seu interior, algo que se percibe xa a día de hoxe na zona social, na de actividades e no museo. Temos agora un edificio acolledor, ademais cunha estética externa moito máis atractiva, á altura do que historicamente representou o Museo do Moucho para a conciencia colectiva cercedense”.